13 marzo 2015

Criticar criticarei

Levo case que 24 horas dándolle voltas a este escrito. As críticas a Martiño Noriega, pola súa candidatura nas primarias de Compostela aberta, eran previsibles pero non pensaba que se dixeran tantas parvadas ou que existira en xeral unha visión da realidade tan corta.

Como é habitual os medios non concederon importancia ningunha ó lugar no que se celebrou pese a que Martiño o elixiu a conciencia; o número 15 da Rúa do Vilar foi a casa de Ánxel Casal o último alcalde republicano de Compostela, pero  máis alá do obvio está o feito de que foi asasinado en Cacheiras...  así de unidos están ambos concellos.

Semella que hoxe en día Teo é Compostela están en continentes distintos; un xornalista preguntaba "que tal retorno estás tendo na cidade en estes primeiros..." como si en todo este tempo Martiño non tivera contacto tódolos días coa cidade, como si non os tivera desde que naceu.

Outra das reacciones que merecen un análise é a do concelleiro Brunete, do Partido Popular; dicir que a candidatura e un artificio político ou un experimento químico é seguir a liña marcada polo partido pero parece que teña memoria de pez; artificio e o que fixeron para colar a gobernar no concello unha serie de persoas non elixidas polo pobo e xa na categoría de prestidixitación entra que se presuma de estabilidade cando por aquí pasaron 3 alcaldes en 4 anos. Outra parvada é dicir que non coñece a cidade pero se corresponde con esa actitude de certo sector da capital de vivir de costas á comarca; Santiago o coñecemos todos, estudamos alí en moitos casos, vivimos alí, saímos de festa alí e vamos o médico alí, sufrimos o tráfico e disfrutamos das súas rúas, non saber iso é non vivir na realidade.

Por suposto o feito de pronunciar en público a palabra fusión tiña que ter consecuencias; en Galicia seguimos coa teima de "non me movas o marco" pero é evidente que a área metropolitana de Compostela ten que traballar unida e hai moitos xeitos de facelo e hai que falar moito; por suposto queda ben como titular "Martiño Noriega quere fusionar Ames e Teo con Santiago" pero non é crible. Non podemos criticar constantemente que haxa 3 aeroportos e sen embargo que entre dentro do normal que teñamos unha empresa de autobuses por concello, un contrato de xestión da auga por concello, outro de lixo... concellos que están nun entorno de 40 kilómetros, paréceme absurdo.


Remato co único argumento que merece un pouco de respeto pero que se cae enseguida; se pode gobernar Teo e facer campaña en Compostela? Hai que lembrar que Martiño xa dixo que non se presentaría de novo a alcalde, e bo tamén pensar que un goberno municipal non é so o alcalde porque se non mal vamos, e a dous meses vista está claro que o que non fixo en Teo non o vai facer agora; a estas alturas ten que estar  todo máis ou menos encarrilado e polo tanto o papel do alcalde será unha toma de decisións puntuais, unhas reunións pendentes e pouco mais co que creo que ben poderá atender a todo. A outra parvada de que cos cartos dos veciños de Teo se paga a campaña só se entende pensando que cando lle pagas a un alcalde un soldo eses cartos seguen sendo teus... se lle paga por un traballo que, como veño de explicar, seguirase facendo o que faga cos cartos cos que lle pagan os veciños é cousa del, como si os quere jastar no Santiso. 

2 comentarios:

  1. Non concordo en absoluto. Se temos en conta que non hai refrendado programa nengún por quen compón Compostela Aberta, non sei moi ben porque entón a primeira intervención que fai o alcaldable é esta. Bon sí que o sei, e vai orientado a xustificar o artificio de ser alcalde de un concello e pretender a alcaldía de outro. E que menos que poder opinar sen que sexa preciso logo facerse a victima por receber as opinións dos demais, encaixense estas como críticas o como inicio de debate, pero é máis doado dicir que son ataques para poder pasar páxina.

    ResponderEliminar
  2. En primeiro lugar grazas por comentar; creo que as mareas son un novo xeito de entender a política, desde ese punto de vista as cousas teñen unha orde lóxica primeiro primarias, logo programa e contando coas aportacións da cidadanía. En este debate todo o mundo esquece que Martiño xa non ia continuar de alcalde de Teo, estou seguro de que si se posicionara (non se dan os tempos pero imaxinemos que si) como candidato a presidencia da Xunta todo o mundo o entendería e as críticas virían por outro lado.
    Teño escoitado en moitas ocasións críticas a que políticos de Santiago busquen acomodo nos concellos limítrofes e agora que alguén da bisbarra quere chegar a Santiago eses partidos que fomentaron esa práctica non están dacordo.
    O debate non creo que sexa si debe dimitir ou non ou si co soldo de alcalde (que insisto que o pode usar no que lle pete) paga a campaña; o debate é porque durante tantos anos a Capital viviu de costas a bisbarra e si eso pode cambiar.
    Eu considero que son ataques porque non considero argumentos os que se se dan, si se fixera unha crítica do traballo en Teo e se dixera que iso no serve en Compostela, si se fixera ese analise, estaría ou non dacordo pero si o entendería pero iso ainda non o escoitei.

    ResponderEliminar

comentade con toda liberdde mais con respecto por favor