05 marzo 2015

Crise? que crise?

Máis alá da crise que supón que un concello sexa dirixido por 3 persoas, sen que nada garante tampouco que se leven ben, están as razóns de fondo para que Ames chegue ao momento actual.
A primeira crise chegou co abandono do grupo de goberno de 6 concelleiros que formaron Pacto X Ames. Para min ten moito mérito abandonar un partido e formar outro cando levas moitos anos;  non é, como din algúns, transfuguismo xa que se van para comezar un novo proxecto non se incorporan a outra formación xa creada; o proxecto no que estou, iniciativa Cidadá Ames Novo,  comezou dun xeito parecido aínda que as razóns da marcha de moitas persoas do BNG, en toda Galicia non so en Ames,  hai que buscalas nas distintas visións políticas e non en feitos puntuais; dito isto non podo máis que preguntarme cales foron os feitos que levaron o abandono dos edís críticos do grupo de goberno... a día de hoxe sabemos que existiron diferenzas, falaron do conflito do lixo e de obras feitas unilateralmente pero cal foi a razón de que 6 concelleiros abandonen o PP? tiveron que ser como moito dúas ou 3 cousas concretas polas que decidiron non pasar, non se trata da miña visión e so sentido común.
A marcha de María Eugenia Martín criticada agora dese o PP e defendida por Santiago Amor déixanos unha vez máis orfos de respostas, no é muller que pola presión ou o esgotamento se marche e os que a coñecen poden dar fe, estaba encantada co seu posto e como o levaba e nos plenos aínda non ben era interpelada e xa facía xestos intentando respostar o que me leva a darlle o mesmo consello que lle dou os meus fillos "pensa e fala que o revés non funciona". O caso de Bernardo Moar tampouco me convence por distintas razóns pero como renunciou de motu propio pedindo desculpas e os motivos que teño non son máis que especulacións so dicir iso... que non me convence.
O resultado de toda esta reflexión é que os motivos para a crise que vive Ames so os sabe Santiago Amor, si tivera un bo asesor, e eu pensaba que o tiña, sairía a dar unha rolda de prensa para explicar todo o acontecido desde xaneiro do 2013 e a continuación faría o que parece que non fixo en este tempo, traballar, organizar, xestionar; matriculas das escolas, dos obradoiros, das garderías, cesión da parcela do centro de saúde, contrato da auga e que pasará cando remate... se quere ten moito que facer e si quere hai xente disposta a poñer, nos mesmos, por diante os veciños que as liortas; con todo non sei porque pero creo que o seguinte paso será atarse o pao maior do barco ata que pase a tormenta e si se afunde que se afunda, calquera cousa antes que tomar o timón.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

comentade con toda liberdde mais con respecto por favor