Hai tempo que estou convencido de que o que
falta neste país é pedagoxía democrática; desde que pasaron os 80 aquí ninguén
se volveu a acordar de que valores como pluralidade, debate, respecto,
educación, democracia, voto libre, constitución, necesitan ser explicados e
mesmo mellorados entre todos na súa descrición, consensuados, para que
realmente formen parte da nosa sociedade.

Isto que eu penso desde hai tempo ponse para
min de manifesto ao ver as reaccións contra Podemos, non as críticas, que son
razoables pero ademais necesarias, se non a procura insaciable e constante de algo que xustifique
a súa maldade ou polo menos que non son distintos aos que están. Moléstame
especialmente cando esa actitude chega desde sectores que consideraba máis
abertos e democráticos; a última vez que tivemos un medio de comunicación
público libre e crítico foi na etapa de Zapatero pero con todo os socialistas
que admiraron aquilo súmanse a calquera publicación que poida defenestrar a
Pablo Iglesias, calquera pequena denuncia que deixe en evidencia á formación, e
o que máis me doe é que o fan as bases, fano a diario aqueles que realmente
gardaron a esencia do que é o socialismo. Por contra non vexo opinións sobre as
propostas, non leo queixas polo soldo dos parlamentarios europeos do seu
partido ou o papel que nas grandes corporacións xogan os seus dinosauros, non
leo críticas ao que custou para que un líder político, chámese Pablo Iglesias
ou Perico dos palotes, poida ser entrevistado en TVE e máis ben ao contrario
verán a entrevista buscando desesperadamente algo que xustifique que non son
trigo limpo.
É razoable que aqueles que non ven en Podemos
unha solución ou que non se fían busquen os defectos, é san ademais que o fagan
pero o que critico é que é un debate razoado sobre o que propoñen, non se fai
comparando o que propoñen co que o seu partido ofrece, non se fala de nada que
teña un mínimo de fondo, simplemente desprézase por ser o último en chegar e
ter un relativo éxito que aínda está por ver en que se concreta. É coma se o
bolseiro ensinase ao veterano que hai maneiras de facer as cousas e que poden
funcionar; lémbrame a historia dun técnico de radio veterano que ocultaba aos
novos as conexións, había un panel enorme de contactos que só el sabía como
funcionaba e cando se xubilou aquilo custo Dios e axuda entendelo e menos mal
que a tecnoloxía foi aos poucos substituíndoo que se non custase aínda máis; o
Anciene régime négase a que os novos coñezan os canos do estado pero o malo é
que as imos coñecendo de igual forma por medio dos xulgados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
comentade con toda liberdde mais con respecto por favor