17 mayo 2013

Lindeiros, xornalismo e As letras Galegas

Esta semana puxemos na rúa Lindeiros, un xornal gratuito para a comarca de Santiago de Compostela. A teima de publicar un xornal a teño na cabeza dende fai anos; a creación de Santiagoycomarca.com fixo relidade esa teima usando as ferramentas dixitáis e agora podo dicir que hai un público para esa información;  unha media de 500 visitas diarias dende que comenzou o 2013, máis de 1000 seguidores en twitter, 600 en Facebook (unha conta na que se chegaron a ter tamén máis de 1000 amigos pero por facerlle caso a facebook tiven que comezar de novo ) e todo isto, nun weblog que fala da área metropolitana de Compostela, garante que hai unha demanda de novas sobre o sitio donde a xente vive, que a crise nos grandes medios deixou pouco a pouco baleiro o oco da información local e que hai tamén unha demanda de ter esa información en outros formatos.
Despóis de moito esforzo e poucos medios nace agora Lindeiros, levar o papel Santiagoycomarca era preciso para seguir crecendo; na bisbarra de compostela, como en toda Galicia, hai moita xente que no usa a diario internet, moitos maiores os que lles gusta ler algo do que pasa o carón da sua casa e ademáis o formato de xornal nos permitirá aproveitar estilos como a reportaxe ou a entrevista de xeito máis doado que na rede. Contamos con colaboradores os que non podemos máis que estar agradecidos, xente con moita experiencia en distintos campos e que escreben  sen pedir nada a cambio o que, hoxe en día, cobra ainda maior importancia. Lindeiros conta tamén coa sua version en PDF e traballamos para poder convertelo o formato e-pub coa calidade precisa, e dende hoxe a páxina en Facebook de Santiagoycomarca pasa a chamarse Lindeiros e, como ven facendo, publica a diario as novas que chegan a redacción.
Sen que fora premeditado saiu a rúa na semana na que se celebra o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño; Lindeiros publícase maioritariamente en galego, non foi nada premeditado e saiu de xeito natural, as informacions chegan en galego, as entrevistas saen en galego e a consecuencia natural era publicarse en galego.
Aproveitando esta circunstancia quero rematar esta nota recuperando unha entrevista que lle fixen o dramaturgo con motivo da Feira do Teatro de  1998, van xa 15 anos e a actualidade do que di Roberto e absoluta e iso e o que demostra a importancia da firgura a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Un saudo para todo e vémonos na rede... e na rúa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

comentade con toda liberdde mais con respecto por favor