21 enero 2013

Preparados ¿para gobernar?

Sorpréndeme a noticia do cese do primeiro tenente de alcalde de Ames cando trato de poñer nun papel todo o que penso dende hai moito tempo sobre como se forman as corporacións municipáis.
Son tempos apropiados para disparar os políticos, ninguén nos culpará por ser os primeiros en tirar a pedra estando cheos os xornáis de munición; o certo e que o que acontece en Ames, en Santiago, ou en outros moitos sitios non é nada novo, e unha de esas cousas que como sociedade, virxen en cuestión de democracia, asumimos como normal pero que agora ten as suas consecuencias. 
So fan falla un par de preguntas para darse conta de que existe unha eiva nos métodos dos partidos no momento de escoller os seus representantes, unha eiva que se multiplica no momento das eleccións o ter a cidadania que escoller entre candidatos mal escollidos.
A primeira pregunta e moi clara ¿como se elixen os candidatos a candidatos?, no caso dun pobo de 20.000 persoas unha agrupación de 150 afiliados pode elexir o representante de milleiros de veciños; si eso de por si non é algo cuestionable esa persoa conformará unha lista que o acompañe sin que poidan intervir os afiliados, elixesé o candidato máis a sua lista. E común que en ditas agrupacións o candidato sexa consensuado e se aleccione os militantes para que o apoien sen que el teña necesariamente que defender o seu programa diante dos que pagan o carnet mes a mes, un escenario moi alonxado dun ideal democrático.
Aqui ven a segunda pregunta que me fago ¿que valores teñen os integrantes dunha lista? si pensamos en que teñen que ter unha certa afinidade co cabeza de lista, ser minimamente coñecidos, ter recursos e coñecementos sobre algun eido en particular e sobre a parroquia na que viven, estar dispostos a traballar sen cobrar catro anos, e significarse diante dos veciños nun determinado sentido político o resultado e que a lista farase co que se poida e non co que se queira, iso sendo realista. 
Como vemos as listas non se fan para gobernar, como moito os catro ou cinco primeiros son pensados para iso pero priorizando cuestións como afinidade, amizades dentro do organigrama do partido ou calquera outra que non ten nada que ver co traballo de gobernar. Durante unha campaña electoral ninguen sabe que posto ocupará o número 3, o 5 ou o 8 da lista; non podemos contar con que un candidato nos diga: “este é fulano, vai conmigo na lista por que sabe moito de medioambiente e ten unhas ideas para o concello que vos vai explicar” , podemos atopar excepcións pero son so iso.
Dos programas políticos que dicir, sempre pensei que o saneamento ten que ser unha prioridade por diante de moitas outras cousas pero o certo e que no noso entorno non creo que nin un so concello teña un saneamento do cen por cen no seu territorio; temos casas da cultura, piscinas, polígonos e parkings pero si fas unha casa no rural o máis seguro e que non teñas onde votala m... e así de sinxelo; o mesmo serve para as comunicacións, a seguridade (bombeiros, protección cilvil, etc) semella como si viramos unha parede chea de humidade e o dono do piso en vez de arranxala nos collera e nos puxera a mirar para outra que está ben, a humidade segue alí. 
A chamada democracia interna non funciona, o sistema electoral menos, pero ademáis temos que ser conscentes de que os cambios teñen que sair de nos mesmos; temos que escoitar, debater, preguntar, incordiar, e si nos sentimos con forzas participar; a figura do simpatizante e algo por explorar, ata que a lei electoral permita escoller de verdade temos que interrogar os candidatos, de forma directa ou polos seus representantes, ata estar seguros de que saben o que queren facer, que levan a xente apropiada para facelo e que ambas cousas son as que nos queremos.
Teño bastante claro o que votaría en cada concello e vos podo asegurar que non sempre e o mesmo partido, detrás das siglas hai persoas e algunha delas nos as votaria, non por que non me gusten as ideas que defenden, se non por que non están preparadas.Creo que moitas veces os gañadores non contaban con gañar e esa mesma noite se preguntaban asi mesmos ¿e agora que fago?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

comentade con toda liberdde mais con respecto por favor