29 marzo 2012

Folga xeral e xornalismo

Os xornalistas viven nunha confusión sobre a profesión dende fai moito tempo. Cando aparecín pola facultade hai uns anos, levava xa uns cantos traballado na radio, dinme conta de que a maioría de aqueles rapaces so querían ser IñaKi Gabilondo, Luis del Olmo ou Julia Otero sen darse de conta que a profesión está formada na maior parte por xente que vai de rolda de prensa en rolda de prensa, correspondentes que fan intervencións dun minuto e freelance que traballan a peza. Esa confusión vese máis doado nun día de folga; moitos xornalistas pensan que o seu traballo de información e tan importante que non se poden permitir acudir a folga ou que teñen que adaptar os horarios de xeito que poidan dicir que fixeron folga o mesmo tempo que informan pero todo iso é o que nos queren facer crer.

O traballo do xornalista e informar do que pasa na sociedade do xeito máis obxetivo posible e si o que pasa e unha folga xeral facer folga é informar; a sociedade pode percibir que hai folga polas cousas que se contan dela pero tamén o percibirá cando colla o xornal e non haxa información, cando entre nas webs e atope unha imaxe que diga folga xeral, cando poña a radio e atópese con un tipo falando desde Madrid ou, mellor aínda, con musica gravada e cousas enlatadas e o mesmo serve para a televisión. A información chegará despois e chegará a tempo; respectando o dereito a non facer folga creo cos xornalistas temos que conseguir que se visualice en primeiro lugar que hai unha folga xeral e despois contar como foi ; precisamente porque os medios de comunicación son un dos mellores xeitos de que se visualice que algo pasa, porque os medios de comunicación son os que axente acode a saber que pasa e o día que atope que están parados a xente comezará a pensar que a cousa é seria.

Creo que estas ideas as interiorizamos co paso dos anos, a medida que vemos como a profesión está cada vez máis en mans de economistas e empresarios manipuladores; a medida que acumulo anécdotas e historias da profesión penso que algo estamos facendo mal e que estamos sendo manipulados; vexo que becarios fan traballo de redactores e estes están encantados porque así poden librar máis, se nos di que non podemos facer folga porque temos que informar, na radio o redactor ten que facer autocontrol, eliminando os técnicos, porque así é todo máis axil… os xornalistas non son distintos o resto pero son máis manipulables porque alguén lles dixo que a súa era unha profesión “especial” e moitos o creron, que sexa unha profesión moi importante non quere dicir que sexa especial nin que este o marxen dos dereitos e deberes de tódolos traballadores, un día coma hoxe e convinte lembralo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

comentade con toda liberdde mais con respecto por favor