10 noviembre 2009

Respuesta del alcalde de Padrón, Camilo Forjan

Continua la polémica en Padrón y tras la renuncia de Eloy Rodriguez, y la exposición aquí de sus argumentos, publico ahora las puntualizaciones que hace en una carta a los medios el alcalde Camilo Forjan; sigo defendiendo la idea de que con la publicación integra de los documentos los vecinos podrán juzgar mejor que con las interpretaciones que los medios puedan hacer.

Ante os acontecementos e todo tipo de rumores xurdidos nos últimos días e dos que se fixeron eco os distintos medios de comunicación, quero manifestar:
1º O martes 3 de novembro de 2009, o Sr. Tenente de Alcalde presenta por rexistro un escrito no que por un lado “presenta a renuncia do cargo de Tte. Alcalde, concelleiro delegado de tódalas áreas…”
E por outro solicita “Lle sexa concedida a citada RENUNCIA, manifestando estar disposto a seguir formando parte do goberno como concelleiro, sen ningunha área delegada e sen dedicación exclusiva”.
2º Este feito ocorre cando nos atopabamos nunha Xunta de Goberno Local que o Tenente de Alcalde abandona, sen ter comentado con ninguén unha decisión deste calibre.
Este feito sorprendeunos a todos pois se estamos nun goberno, entendo, que se xurde algún problema a solución tena que buscar o propio goberno e non trasladalo aos cidadáns que o que esperan e que nós lles solucionemos os seus.
3º Estivemos en contacto e mantivemos unha reunión para valorar as consecuencias da presentación do escrito e do que el chama “motivos técnicos administrativos”.
4º O xoves 5 de novembro salta esta noticia á prensa, fun chamado por varios medios e en ningún momento, por responsabilidade política, manifestei ningunha opinión limitándome a dicir o que o propio Tenente de Alcalde me dixo e máis tarde manifestou publicamente, “ o pacto non se rompe”.
5º O Alcalde de Padrón non comparte en absoluto as formas nin as manifestacións vertidas polo Tenente de Alcalde, nun xornal e nun blog, e ten moi claro que aos problemas internos temos que darlle solución internamente a través do diálogo e a negociación.
6º O Alcalde de Padrón tivo unha reunión cos funcionarios e estivo de acordo en abrir unha investigación para esclarecer quen filtrou á prensa o tema da renuncia.
7º Quero deixar claro que no que levamos de mandato, as relacións dos dous grupos de goberno son normais, polo que é difícil de entender esta reacción do Sr. Tenente de Alcalde.
8º En todo momento a discreción, a responsabilidade, a transparencia e o traballo honesto foron a miña guía, Padrón e os intereses dos padroneses e padronesas están por riba de todo, as miñas actuacións están aí e creo que nunca antepuxen nada de carácter persoal ou partidista aos intereses de Padrón.
Aproveito para agradecer a tódolos cidadáns de Padrón a paciencia e a comprensión lamentando profundamente que se teña dado esta situación de incertidume e desasosego. Camilo Forján, alcalde de Padrón e os concelleiros do seu grupo farán, como ata o de agora, o imposible por manter un goberno estable, con ou sen Eloy Rodríguez Carbia. A decisión de renunciar só é competencia da persoa que a fai, que renuncia, nin este Alcalde ni ningún alcalde pode conceder renuncias tal e como se contempla na lexislación que rexe o funcionamento dos concellos, ROF.
Gracias a todos e a todas e atoparanme, coma sempre, á súa disposición no Concello.
Padrón a 9 de novembro de 2009
Camilo Forján Seoane
Alcalde de Padrón

Tras leer la nota del alcalde veo que si bien es comprensible su enfado por la actitud de Eloy Rodriguez, no da ninguna opinión sobre las acusaciones de mal funcionamiento del ayuntamiento; entiendo que Camilo Forjan debe de saber de primera mano a que problemas se refiere el lide de la CIPA aun sin que el se los comentara en persona (no es tan grande el ayuntamiento) y por lo tanto debería explicar algo más. Bien está que se abra una investigación sobre la filtración pero también me gustaría saber de que problemas habla Eloy Rodriguez, si se piensan resolver o si el alcalde considera que no existen o no son importantes.